As Pontes contará este sábado coa terceira xornada de escolas e a competición prebenxamín de natación

TerraChaXa
O evento está organizado polo club Trieume, nunha cita deportiva que reunirá a nadadores e nadadoras dos clubs da comarca
natacion-benxamin-as-pontes
13 Mar 2026

A piscina municipal das Pontes será escenario este sábado, 14 de marzo, da terceira xornada de escolas e da competición na categoría prebenxamín, unha cita deportiva que reunirá a nadadores e nadadoras dos clubs da comarca.

Nesta xornada participarán os deportistas máis novos dos clubs Trieume As Pontes, Club Natación Culleredo, Club Natación Liceo e Club Marina Ferrol, que se darán cita nesta competición pensada para fomentar a práctica da natación entre as categorías de base e favorecer o encontro entre as escolas deportivas.

A actividade comezará ás 12.30 horas na piscina municipal pontesa e permitirá ao público asistente ver en acción aos máis pequenos destes clubs, que competirán en diferentes probas adaptadas á súa idade.

O evento está organizado polo club Trieume As Pontes en colaboración co Concello, que continúa apoiando a celebración de actividades deportivas dirixidas á base.

Desde a organización informaron tamén de que as series da competición serán publicadas a través dunha ligazón que se actualizará nas vindeiras horas.

0.11620306968689