As Pontes continúa apostando pola eficiencia enerxética

TerraChaXa
O Concello das Pontes segue avanzando na súa aposta por mellorar a eficiencia enerxética e promover o aforro enerxético no termo municipal a través da instalación de caldeiras de biomasa nos edificios de titularidade pública que se suman ás xa instaladas nas asociación de veciños de diferentes parroquias pontesas.
16 Nov 2019

O Concello das Pontes segue avanzando na súa aposta por mellorar a eficiencia enerxética e promover o aforro enerxético no termo municipal a través da instalación de caldeiras de biomasa nos edificios de titularidade pública que se suman ás xa instaladas nas asociación de veciños de diferentes parroquias pontesas.

Así durante esta semana procederase á instalación, no Pavillón Polideportivo Municipal dun novo equipo de produción de calor, de última xeración e alta eficiencia, baseado no consumo de enerxía renovable, seguindo os parámetros establecidos no Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios (RITE) e o Código Técnico de Edificación (CTE)

Previamente a instalación da caldeira de biomasa, procederase á adaptación da sala de caldeiras, realizando os traballos precisos para ubicar os silos, as chemineas e sistemas de ventilación, os sistemas automatizados de alimentación así como os sistemas de control da instalación (centraliña, cadro eléctrico e equipos de indicación de datos, etc.)

Asemade instalaranse sistemas automatizados para a combustión de pellets que permitirán o subministración automática de combustible para a caldeira, a retirada automática de cinza do depósito de cinza, a limpeza automática do intercambiador da caldeira, a telexestión e programación.

Esta actuación que suporá unha inversión de 20.368 euros, con cargo ás subvencións para o ano 2019 a proxectos de enerxías renovables térmicas para administración local, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos, do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) , da Xunta de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), forma parte do proxecto do goberno local para promover e dinamizar o desenvolvemento urbano sostible, contribuíndo á redución das emisións de dióxido de carbono e ó aumento de consumo de enerxías renovables no municipio, a través da mellora enerxética nos edificios públicos.

0.12882900238037