As Pontes continúa co seu proxecto artístico para revitalizar as rúas do municipio

TerraChaXa
Esta semana, o Concello das Ponte puxo de novo en marcha o seu proxecto de revitalización das rúas do municipio a través de intervencións plásticas baseadas na técnica do muralismo, que permitirán converter ó pobo nun museo ó aire libre.
Cestola na Cachola
17 Feb 2019

Esta semana, o Concello das Ponte puxo de novo en marcha o seu proxecto de revitalización das rúas do municipio a través de intervencións plásticas baseadas na técnica do muralismo, que permitirán converter ó pobo nun museo ó aire libre.

Miguel Peralta, integrante da cooperativa cultural galega, Cestola na Cachola, desenvolve, desde o luns, o seu proxecto artístico na medianeira da Avenida de Galicia, na zona máis próxima ó río Eume, á carón da ponte de Isabel II.

A través do seu mural plasmará unha lenda local que conta que na noite de San Xoán, nun lugar do Monte Caxado, unha dama encantada, que se agocha no interior dun penedo, sae transformada en pita, rodeada dos seu pitiños, para regresar ó amencer ó seu interior.

Unha lenda relacionada coa cultura galega máis tradicional, coas mouras e a constelación das Pléiades, un dos principias indicadores do ciclo anual que marca o comezo da época das actividades agrícolas, gandeiras e pastorais, coa que o goberno local quere recuperar a historia de As Pontes.

Así mesmo, o mural permitirá darlle un novo significado a unha das vías principais de acceso ó municipio para crear unha porta de entrada a un espazo urbano no que se aposta pola humanización, a accesibilidade, a seguridade nas rúas poñendo especial atención a súa estética e beleza, sempre en prol da calidade de vida da veciñanza.

Esta intervención únese ás xa realizadas na Rúa Santiago, na zona do Rego do Campo, pola artista hiperrealista internacional, Lula Goce, e a levada a cabo na Praza do Hospital, na intersección da rúa Castelao coa Avenida da Habana, por Miguel Ruíz.

Desde o goberno local avanzan que “xa se está traballando na procura de novos espazos urbanos para continuar con este proxecto de rexeneración urbana, a través da arte, para poñer en valor lugares históricos da vila e convertelos nunha sinal de identidade de As Pontes”.

0.16302108764648