As Pontes continúa coa obra de mellora de servizos e pavimentos na rúa da Casilla

TerraChaXa
Actúase no tramo comprendido entre o cruce coa Rúa Eduardo Pondal (marxe dereita) e desde a estación de servizo ata o entronque coa Avenida das Veigas
rua-casilla-as-pontes
5 Out 2024

O Concello das Pontes continuará coa mellora de servizos e pavimentos na Rúa da Casilla, no tramo comprendido entre o cruce coa Rúa Eduardo Pondal (marxe dereita) e desde a estación de servizo ata o entronque coa Avenida das Veigas.

O proxecto, cun orzamento de 205.000 euros, con cargo á Deputación da Coruña ten como obxecto mellorar a pavimentación das beirarrúas así como as redes de servizos de alumeado e rede de saneamento.

Entre os traballos previstos, contémplase a demolición dos actuais pavimentos das beirarrúas e a execución dunha nova pavimentación en formigón coa ampliación do largo de paso dos itinerarios peonís e a inclusión de sinalización táctil e visual naquelas zonas en que concorran cambios de nivel e se deba avisar da presenza de perigos.

Así mesmo o arborado existente protexerase con escavas da dimensión suficiente para evitar que sufran danos derivados do estacionamento dos vehículos, e encheranse con pavimento drenante específico.

Por outra banda, procederase a renovación do pavimento rodado mediante unha nova capa de aglomerado asfáltico en toda a calzada para regularizar o nivel do pavimento.

No tocante ás redes de recollida de pluviais e de alumeado, procederase á súa completa renovación executando as acometidas necesarias ás parcelas lindeiras.

Complementariamente, na zona de maior ancho de paso, nas inmediacións da estación de servizo, colocarase mobiliario urbano e as obras rematarán coa renovación da sinalización vertical e horizontal.

Afincada no Polígono dos Airíos, Huso 29 Estudios y Construcciones dedícase á construción industrial, topografía e obra civil dende a súa fundación en 2005.

A día de hoxe conta cun cadro de persoal de 39 persoas e, en 2023, superaron os 3,1 millóns de euros de facturación, unhas cifras que, segundo explicou o propio José Otero, se superarán neste 2024.

A súa clientela maioritaria está en Galicia e, a día de hoxe, traballa con compañías coma Greenalia, Alcoa, Endesa, Rede Eléctrica, Gamesa ou Sogama, entre outros.

0.15422105789185