As Pontes continúa o luns co programa Espazo en Familia cun coloquio sobre adolescencia

TerraChaXa
Será ás 18.00 horas no soto da casa Dopeso
Imaxe recurso familia
20 Out 2024

O Concello das Pontes continúa desenvolvendo o programa de apoio socioeducativo Espazo en Familia dirixido a todas as familias pontesas con fillos e fillas menores de idade escolarizados nos centros educativos das Pontes.

Así, este luns, 21 de outubro, celebrarase un coloquio sobre a Adolescencia, emocións e  convivencia: Manual de instrucións para familias.

Será ás 18.00 horas no soto da casa Dopeso. As inscricións poden facerse a través do código QR ou no Departamento de Servizos Socias (2º andar Casa Dopeso- Rúa Rosalía de Castro, nº28).

A adolescencia é unha etapa de transición e cambio, onde a regulación emocional e a resolución de conflitos convértense en piares fundamentais para o benestar e o desenvolvemento socioemocional.

Durante esta fase, os mozos e mozas enfrontan desafíos que requiren habilidades particulares para entender e xestionar as súas emocións, así como para solucionar desacordos e conflitos. Neste coloquio, as familias participantes abordarán diferentes chaves para acompañar aos seus fillos e fillas no desenvolvemento emocional.

O programa inclúe tamén sesións individuais, encamiñadas a abordar temas máis personalizados das familias, creando un acompañamento personalizado no camiño da crianza e coloquios mensuais nos que se tratan temas de interese para as familias, da man de persoal técnico especializado en cada tema.

0.17359900474548