As Pontes convértese nun museo a ceo aberto

TerraChaXa
A vila das Pontes continúa embelecendo aqueles rincóns desatendidos e conseguindo encandilar a todos os viandantes cunha proliferación da arte máis variable na propia rúa, arte que leva implícita a participación cidadá e a divulgación patrimonial.
111323719_779801185893257_1546847044409923100_o
8 Ago 2020

A vila das Pontes continúa embelecendo aqueles rincóns desatendidos e conseguindo encandilar a todos os viandantes cunha proliferación da arte máis variable na propia rúa, arte que leva implícita a participación cidadá e a divulgación patrimonial.

Con esa finalidade naceu o programa As Pontes enPezas, que consistía na transformación ambiental a través da participación veciñal e da arte pública, unha iniciativa deseñada durante a lexislatura pasada por la concelleira Sonia Sueiro na súa vocación de converter o municipio un museo a ceo aberto.

E a iniciativa non quedou en saco roto. Xa son moitas as obras que se poden atopar nas fachadas cegas, murais e en outros espazos urbanos. E como embelecer a parte máis deteriorada non era suficiente agora están xa a traballar con novos lugares e con máis artistas e asociacións interesadas en participar neste proxecto de rexeneración urbana.

Dende o seu inicio, As Pontes enPezas apoiouse na participación de artistas con ampla traxectoria profesional e comprometidos coa realidade socio-cultural das Pontes, como na implicación do tecido asociativo e dos veciños e veciñas con interese en ofrecer a súa colaboración neste proxecto. Esta colaboración tradúcese de diversos xeitos: participando activamente nalgún obradoiro, propoñendo posibles intervencións, cedendo espazos para a realización de novas pezas artísticas ou asistindo aos roteiros.

Son moitos os artistas ou grupos de artistas que xa teñen rematados os seus traballos, outros están aínda en proceso e algún queda sen comezar pero o resultado namora por igual. A previsión era facer 25 murais e a estas alturas queda unha decena deles por rematar nun verán no que se está a traballar arreo para poder facer os traballos pendentes da primavera, cando todo parou por mor do coronavirus. E en vistas ao que pode vir no outono, xa adiantaron moitos dos traballos para poder facer o máximo posible no que queda de verán.

Pero os motivos tamén son variados, personaxes descoñecidos ou non tanto da historia ou da cultura popular, onde non faltan tampouco a defensa dos valores, como os da igualdade, o respecto, a ruralidade, ou mesmo as características da vila como os fungos ou setas. A intención é facer unha divulgación patrimonial e unha educación social a través da arte. Ademais, están dándolle un carácter plural e diverso, dando cabida a todo tipo de expresións artísticas: o muralismo, as instalacións con fíos, a fotografía, os mosaicos ou o graffiti urbano, entre outras.

O Concello ten previsto continuar o proxecto durante todo o ano 2020, fomentando a participación veciñal e a transformación ambiental a través da arte urbana, o que xa está a converter a vila nun museo público a ceo aberto. Así que segue buscando iniciativas e artistas para todas as experiencias ou que coñezan algún lugar que necesite un tratamento artístico. Para iso poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 608.201.251 ou escribir á direcciónenpezas@aspontes.org.

Un dos últimos proxectos que se propoñen á veciñanza artística é unha solución artística para os pasos de peóns. Solicitaron suxestións e agora esperamos que decidan con que van sorprender. A intención é colocar frases con relevancia en cada un deles, para facelos personalizados e propios da vila.

Nesta andaina estase dando cabida tanto a profesionais con recoñecida experiencia no mundo da arte, como asociacións e institucións ou persoas a título individual con intereses artísticos, porque a intención é divulgar e participar cun proxecto por e para As Pontes.

 

109898159_776918186181557_4421695217766792540_o
103451561_754443711762338_3673117083359446364_o
109637952_780773502462692_4468550609165959387_o
110243921_780773332462709_2732873171774586574_n
111721213_778329639373745_5113209875520344394_o
0.25761914253235