As Pontes convoca a sétima edición da Noite Meiga

TerraChaXa
A cita será o luns 23 de xuño, a partir das 19:00 horas, no espazo do Canal IV, e chega cun completo programa de actividades para todas as idades
Noite-Meiga-as-pontes
12 Jun 2025

O  Concello das Pontes prepárase para vivir unha das noites máis especiais do ano coa celebración da sétima edición da Noite Meiga, unha festa que busca recuperar as lendas, rituais e costumes tradicionais da noite de San Xoán, moi presentes na cultura popular galega.
A cita será o luns 23 de xuño, a partir das 19:00 horas, no espazo do Canal IV, e chega cun completo programa de actividades para todas as idades.

Os máis pequenos poderán gozar con propostas pensadas especialmente para eles: teatro de proximidade, obradoiros de pompas de xabón e caracterización, e un espectáculo de rúa participativo, “Pola Noite de San Xoán, meigas veñen, meigas van”, que mestura música, baile, xogos e humor para mergullarse nas tradicións da noite máis máxica do ano.

A partir das 20:30 horas, comezará o tradicional xantar popular, con dúas opcións: menú de sardiñas, pan e bebida, ou ben un menú con touciño, chourizo, pan e bebida. Un espazo para compartir mesa e tradición.

As 22:00 horas, dará comenzo a actuación da orquestra La Banda de Ayer que dará paso ás 00:00 ao ritual de acendido da fogueira de San Xoán que irá seguido dun espectáculo de fogos de artificio e ao segundo pase da orquestra La Banda de Ayer, que porá o punto final cunha sesión chea de música e baile.

A concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, anima á participación da veciñanza e destaca o valor desta celebración: A Noite Meiga xa é unha data marcada no calendario do verán pontés. É un punto de encontro para celebrar xuntos unha tradición que forma parte da nosa historia e do noso sentir colectivo.”

⚙ Configurar cookies
0.19162487983704