As Pontes convoca un novo taller para as coidadoras

TerraChaXa
As Pontes, a través do Departamento de Benestar Social, abriu onte o prazo de inscrición no taller Espertando os sentidos para coidarme.
Cuidadanas programa as pontes
15 Xan 2022

O Concello das Pontes, a través do Departamento de Benestar Social, abriu onte o prazo de inscrición no taller Espertando os sentidos para coidarme.

Con esta actividade o Concello das Pontes busca contribuír, mediante diferentes liñas de traballo, ao empoderamento, mellora psicolóxica, recuperación emocional e participación das mulleres pontesas coidadoras informais de persoas dependentes para, deste xeito, conseguir reforzar a súa identidade, seguridade en si mesmas, a súa autoestima e, en definitiva, mellorar a calidade de vida das mulleres participantes neste taller.

Tania Pardo, concelleira de Benestar Social e Igualdade, recalca que “a través do programa “Espertando os sentidos para coidarme” tratamos de prestarlle ás persoas máis vulnerables ás consecuencias negativas, tanto psicolóxicas como físicas, que entraña o coidado das persoas dependentes un espazo de crecemento persoal desde o que explorar novos camiño para recoñecerse, redescubrirse e reciclarse, para que aprendan a coidarse dunha forma integral”

Este programa, dirixido a mulleres que desenvolveron, desenvolven ou están en situación de desenvolver coidados no ámbito familiar, desenvolverase a través de 9 sesións, de dúas horas de duración cada unha, comprende o asesoramento personalizado e o desenvolvemento de 4 talleres de traballo que permitirá ás persoas participantes fomentar o intercambio de experiencias e o establecemento de redes de convivencia e traballo colectivo.

Serán catro talleres que virarán contorna á musicoterapia, orientada a estimular o sentido auditivo para restaurar, manter e incrementar a saúde mental e física e aumentar, por extensión a sensación de benestar.

Haberá un taller de risoterapia no que se utilizará a risa como medio para distraer a atención de emocións estresantes tales como as ocasionadas polos coidados e pola Covid19 e reforzar os pensamentos positivos e os valores saudable.

O terceiro taller xirará entorno á danza para establecer unha nova vía de comunicación a través do movemento, explorando o corpo como medio de expresión das emocións e finalmente un taller de aromaterapia orientado a descubrir as propiedades dos cheiros esenciais e a recoñecer a importancia dun cheiro como axente instantáneo para cambiar o estado de ánimo.

Todas as actividades se levará cabo na aula polivalente da Casa Dopeso, desde o 21 de xaneiro ata o 18 de marzo, os venres, de 10:30 a 12:30 horas. Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse ata o xoves, 20 de xaneiro, no departamento de Benestar Social do Concello das Pontes.

0.14349484443665