As Pontes convoca unha folga xeral para o 16 de outubro
O atraso na previsión de chegada da marcha de pensionistas a Madrid causou a revogación na autorización solicitada para a concentración ante o Congreso dos Deputados, inicialmente prevista para a mañá do 16 de outubro, por coincidir ambas mobilizacións na mesma data, hora e lugar.
Ante este imprevisto, o grupo de traballo local por unha transición xusta adoptou de forma unánime e comunicou a data e hora da concentración en Madrid e folga xeral nas Pontes, que terá lugar o 16 de outubro ás 16.00 horas diante do Congreso dos Deputados.
Os autobuses, gratuítos, partirán da estación de autobuses das Pontes ás 9.00 horas do mesmo día. Os interesados en vaixar deberán inscribirse no rexistro municipal, en horario de mañá, ou no teléfono 667 129 325.
A xornada de folga xeral nas Pontes, convocada co obxectivo de facilitar a asistencia de todos os veciños e veciñas á concentración en Madrid, estenderase durante todo o día 16 de outubro comenzando ás 00.00 horas e finalizando ás 24.00 horas dese mesmo día.
Desde a Asociación de Empresarios Sete-Pontes de Vilalba mostran o seu apoio para a que solicitan o maior respaldo posible dada a importancia do problema, tanto As Pontes como para a zona Terra Chá ou para todo o sector industrial en xeral.