As Pontes desenvolve un amplo programa de Nadal

TerraChaXa
O Concello das Pontes desenvolverá durante todo o mes de decembro un amplo programa de Nadal que xa tivo os seus primeiros inicios.
programacion cultural as pontes portada
9 Dec 2021

O Concello das Pontes desenvolverá durante todo o mes de decembro un amplo programa de Nadal que xa tivo os seus primeiros inicios cos presentación do espectáculo de danza Credo e o musical infantil Magic Drems.

A partir desta fin de semana continuarán asa actividades culturais previstas que arrincarán na noite deste venres, 10 de decembro, co concerto de nadal a cargo da Rondalla Vila das Pontes no cine Alovi a partir das 20.00 horas, un espectáculo de balde.

A fin de semana completarase coa actuación de La Porteña Tango e o seu espectáculo Alma de Bohemio, o sábdo ás 20.00 horas, e a maxia de Jorge Blass, o domingo ás 12.00 horas. Ambos no cine Alovi con venda de entradas on line.

A fin de semana seguinte tamén haberá dobrete de actividades. O venres 17 representarase a obra Sainetes de Quemaisten Teatro, un espectáculo gratuíto. O sábado, ás 20.00 horas actuará Té Canela, con Al borde de la locura coas entradas xa á venda.

A partir do 21 a programación centrarse nas festas de nadal con animación na rúa entre o 21 e o 23 a partir das 16.30 horas por parte de Papá Noel. O día 22 está previsto o concerto da Escola Municipal de Acordeóns na Casa Dopeso, ás 19.00 horas e o xoves 23 o de Poco Cualificados, ás 21.00 horas no Cine Alovi, ambas das dúas de balde.

O día de Noiteboa haberá pasarrúas a cargo de Moc-Moc dende ás 11.30 horas polas rúas que se completará os días 26 e 27 co tren turístico, que funcionará ás 12.00 e ás 16.3o horas. O mesmo día 27 tamén representarase a obra Carrapuchiña Vermella, ás 18.00 horas no Cine Alovi.

Tamén para os máis pequenos está destinada a sesión de malabares a cargo de Oyun, o martes 28 ás 18.00 horas no Cine Alovi; e o dí 30 Os fabulosos cleaners farán un espectáculo de pompas de xabón ás 18.00 horas no Cine Alovi, tamén con cmpra de entradas como nas anteriores.

Rematará a programación de decembro o día 31 cunha batucada a cargo de Moc-Moc ás 17.00 horas polas rúas da vila.

XOVES NA BIBLIO

A programación complétase tamén coas actividades que se desenvolven organizadas pola Biblioteca todos os xoves.

Este mes xa tiveron lugar as Contoaventuras de Expresión Producións, para nenos de 4 a 11 anos e este xoves 9 Paco Nogueiras presenta o seu espectáculo Extra!

A programación seguirá o 16 coa representación de Orellas de Trapo, da Asociación Cultural Barriga Verde, un espectáculo para os pequenos de 4 a 19 anos. O xoves 23 será tempo do Apalpador, que virá ás Pontes da man de Os Furabolos. Rematarán o último xoves do ano con O axudante de Papá Noel, a cargo de Moc Moc.

programacion cultural as pontes decembro
xoves na biblio as pontes decembro
0.19348287582397