As Pontes desenvolve un programa musical pola festividade de Santa Icía
As Pontes continúa a celebrar Santa Icía, a patrona dos músicos, que estará a cargo de Ruada. O colectivo ten programados unha serie de concertos e actividades musicais para todos os públicos que se desenvolven durante todo o este mes.
Este sábado 13 de novembro, haberá un concerto solidario, ás 19.00 horas no auditorio Alovi, a cargo do alumnado do conservatorio e o luns un pasarrúas co grupo Cómbaro.
Continuarán as actividades a fin de semana seguinte co Recital de Outono do grupo poético Alalá, ás 21.00 na Casa Dopeso do venres; unha actuación de bandas e outra de corais, o sábado pola mañá na praza de Amércia no primeiro caso e pola tarde no Alovi a sesión de canto. Culminarán o domingo, ás 12.45 cunha misa dedicada a Santa Icía, na igrexa de Ribadeume.
O xoves 25 o programa de actos fusiónase co de Xoves na Biblioteca cun novo concerto do alumnado do conservatorio, ás 18.00 horas na Casa Dopeso. Ao día seguinte volverán actuar no mesmo lugar ás 19.00 horas.
A última actividade prevista será o 27, sábado, e será a actuación do grupo Jin Tony's Son Band, no Lar ás 22.30 horas.