As Pontes destina 520.000 euros ás achegas para entidades deportivas
O Concello das Pontes destinará 520.000 euros ás subvencións dirixidas ás entidades deportivas do municipio durante o ano 2022.
A través destas achegas, o Concello das Pontes quer dar apoio ás entidades deportivas e contribuír a que consigan os obxectivos que lles son propios así como fomentar a participación da cidadanía, impulsando a democratización da sociedade.
As entidades solicitantes poderán cubrir os gastos que xere o desenvolvemento das actividades das entidades deportivas solicitantes ou a súa participación nas diferentes competicións,s para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade deportiva, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días, contados a partir do día 9 de agosto.
Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 145, con data 2 de agosto de 2022, na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes