As Pontes destinará 1.500 euros a premiar este ano as mellores cestas de grelos

TerraChaXa
As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 2 de marzo
feira-do-grelo-as-pontes-202312
12 Feb 2025

O Concello das Pontes premiará con 1.575 euros aos mellores grelos que participen no concurso de cestas da 44ª edición da Feira do Grelo que se celebrará o día 2 de marzo.

As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 2 de marzo, na carpa instalada na Praza de América, desde as 08:00 ás 10:00 horas. Só se admitirá un/ha concursante por unidade familiar.

Os grelos deberán presentarse en cestas que deberán conter, como mínimo, 10 madas, condición sine qua non para poder participar e a partir das 10:00 horas, o xurado comezarán a realizar o reconto das cestas concursantes e a súa valoración.

O concurso rematará ás 11:30h coa entrega de premios na Praza de América. Concederanse tres premios á calidade do premio, un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro valorado en 200 euros. Ademais haberá 5 accésits de 75 euros cada un deles.

Haberá un Premio Especial Alexandre Pérez Sindín á cesta mellor adornada, valorado en 300 euros e que recibirá tamén unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira.

0.16697287559509