As Pontes destinará 140.000 euros á mellora de camiños
O Concello das Pontes dedicará preto de 140.00 euros á mellora dos viarios en Maciñeira e dos camiños de Veiga da Nata e Pena de Francia co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, que permitan garantir a seguridade do tráfico e viandantes.
Estes investimentos segundo o goberno local “permítennos mellora as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida dos veciños, que sumados ás actuacións xa levadas a cabo e as previstas acometer, ó longo de todo o 2018, farán que a nosa vila sexa moito máis accesible, cómoda e segura”
Maciñeira
Entre os proxectos previstos executar ó abeiro deste orzamento destaca a rehabilitación dos camiños en Maciñeira, concretamente o que vai de Maciñeira a Fraga dos Cregos e o viario que parte deste punto en dirección a Porto do Liño.
Este proxecto, que se atopa en fase de adxudicación, cun orzamento de licitación de 68.559 euros, permitirá a substitución da actual capa de rodadura por aglomerado, a limpeza das marxes da estrada, a reposicións da sinalización vertical e horizontal, así como o pintado do viario.
Veiga da Nata e Pena de Francia
O Concello das Pontes tamén mellorará o viario que leva a Pena de Francia e o camiño que conecta o Freixo con Somede por Veiga da Nata. “Estos viarios teñen moita importancia para a comunicación entre os núcleos rurais da nosa vila, pese os traballos anuais de mantemento, estes camiños están a sufrir importantes deterioras polo que o Concello procederá a súa reparación integral, co aglomerado de ambos viarios” sinalan desde o goberno local.
O proxecto, que arrincou xa a súa fase de licitación e que ten un orzamento base de 68.559 euros, contempla o varrido da superficie do viario e a limpeza das marxe e cunetas. Tamén se levarán a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar a drenaxe da estrada e, co obxectivo de realizar de forma correcta os entroncamentos con outros viarios realizarase, farase un fresado da vía.
As obras finalizarán coa marcaxe das marxes das estradas, o pintado e a reposición da sinalización vertical nas interseccións afectadas.