As Pontes destinará 31.500 euros ás asociacións veciñais

TerraChaXa
A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo durante o ano 2024
asociacion-vecinos-vecinal
20 sep 2024

O Concello das Pontes destinará 31.500 euros ás achegas destinadas ás entidades veciñais do municipio para o ano 2024.

Estas subvencións están dirixidas ás entidades veciñais, en ánimo de lucro, inscritas no rexistro de asociacións do Concello das Pontes e que desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial do concello ou sobre temas de interese para o municipio das Pontes.

Mediante estas achegas, o Concello das Pontes busca dar apoio ás entidades veciñais, contribuír a que acaden os seus obxectivos, fomentando a participación cidadá e contribuíndo a impulsar o desenvolvemento económico e o fomento do emprego, a promover a execución de obras e equipamento de interese xeral no ámbito parroquial así como a posta en marcha de actividades que fomenten a cultura tradicional local (promoción del folclore e tradicións populares, artesanía, música, teatro)

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo durante o ano 2024. Así, serán subvencionables gastos derivados da organización e realización das actividades subvencionadas e o material funxible non inventariable relacionado directamente coas actividades subvencionadas, os seguros de responsabilidade civil e accidentes, cos pertinentes certificados e facturas, retribucións a persoal técnico e dos monitores que teñan relación laboral ou de arrendamento e servizos coa entidade así como os gastos de mantemento (alugueiro, luz, auga, teléfono, consumibles, oficina).

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria, sendo a data límite o 31 de decembro

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP número 182, do 20 de setembro de 2024 na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello das Pontes

0.19066405296326