As Pontes desfrutará dun intenso programa de Nadal
O programa de Nadal do Concello das Pontes contará este con ano con máis dunha vintena de actos entre os que se inclúen actuacións musicais, teatro, maxia ou cine e que unha vez máis contará coa pista de patinaxe de xeo, que estará ubicada en Santa María ou mesmo as actividaddes dirixidas ao máis pequenos no mercado de abastos.
O programa arrincou coa inauguración da exposición da asociación Artpo, que se pode ver na Casa Dopeso, e co musical Bella y Bestia, así como a proxección de Frozen II ou o concerto das escolas municipais de pandeireta e de acordeón, no centro sociocomunitario ás 18.30 horas.
O venres 13 haberá teatro con Tanxarina Títeres no Alovi ás 18.00 horas, que representarán A galiña azul. O sábado, a asociación cultural Pianeiros ofrecerá un concerto na Casa Dopeso ás 12.00 e o domingo será a vez da coral Endesa, o coro infantil do conservatorio e a coral Área Sanitaria de Ferrol, ás 12.00 horas na igrexa. Na fin de semana proxectaranse Playmobil e Puñales por la espalda.
A seguinte semana, o 17 será o momento da escola de música de pandeireta, do coro infantil do conservatorio e do grupo Old Viena que tocarán no Centro de Día e na Casa do Peso, respectivamente. A música continuará o 19, coa banda e a orquestra do conservatorio, e o 20 coa asociación cultural Alende que se encargará de cantar os aguinaldos. Tamén haberá actuacións da Rondalla Vila das Pontes e da Sociedad RC de Sada o 20 e a fin de semana poderá verse Last Christmas e o cine e o Alovi acollerá o musical Vaya Santa Claus’.
O programa continuará o 23 con teatro da man de Magín Blanco, o 26 haberá actuación da banda de música local e o 27 será o turno da compañía Ghazafelhos. Tamén haberá cine: Star Wars. El ascenso de Skywalker. Xa en xaneiro está programado un espectáculo do Mago Edgar, a proxección de Jumanji e a Cabalgata de Reis o día 5, que sairá da rúa Monte Caxado, ás 18.00 horas.