As Pontes enPezas chama á veciñanza á participación
TerraChaXa
O Concello das Pontes vén de abrir á poboación a posibilidade de sumarse ao programa As Pontes EnPezas.
9 Xul 2020
O Concello das Pontes vén de abrir á poboación a posibilidade de sumarse ao programa As Pontes EnPezas.
Este proxecto busca a transformación ambiental a través da participación veciñal e da arte pública, unha iniciativa deseñada durante a lexislatura pasada por la concelleira Sonia Sueiro na súa vocación de converter o municipio un museo a ceo aberto.
Así, invita a todos os veciños a aportar ideas sobre as obras que lles gustaría na rúa ou mesmo ofrece a posibilidade de participar na creación dun mural ou invitar a alguén a que o faga.
Os insteresados en aportar a súa iniciativa poden poñerse en contacto coa organización nos teléfono 608.201.251 ou escribir á direcciónenpezas@aspontes.org