As Pontes enPezas suma unha nova obra

TerraChaXa
Esta semana instalábase na vila pontesa o mosaico fotográfico titulado Dous pobos, unha mesma nai: Galiza e Breizh, converténdose no segundo collage do As Pontes enPezas, iniciativa cultural municipal que mistura a arte pública e a participación veciñal, e que xa ten convertido as rúas da localidade nun museo ao aire libre.
As Pontes en Pezas
21 Jun 2020

Esta semana instalábase na vila pontesa o mosaico fotográfico titulado Dous pobos, unha mesma nai: Galiza e Breizh, converténdose no segundo collage do As Pontes enPezas, iniciativa cultural municipal que mistura a arte pública e a participación veciñal, e que xa ten convertido as rúas da localidade nun museo ao aire libre.

Nesta ocasión, o motivo desta peza artística foi resaltar o patrimonio e as raices comúns dos territorios europeos de Galicia e Bretaña, e homenaxear unha histórica amizade que se materializa en máis de 20 irmanamentos entre localidades dos dous países.

Un destes intercambios culturais é o existente entre as vilas de As Pontes e Lesneven, forxado hai xa 29 anos e que perdura no tempo grazas ao labor de dúas asociacións de ambas vilas, que favorecen o contacto e os intercambios anuais e que colaboraron intensamente neste proxecto.

Foron centos de veciños e veciñas dos dous municipios, os que participaron enviando imaxes, nas que ademais dos seus rostros, aprécianse paisaxes, artesanía, monumentos, edificios, gastronomía, personaxes e símbolos identitarios representativos de la cultura celta. Estas fotografías compoñen os corpos de dúas futuras nais repletos de vida e conexión, e ilustradas co símbolo común do trisquel.

O mosaico está ubicado na rúa Real, unha localización privilexiada e rodeada de historia á que se suma esta peza de case 7.000 fotografías cheas de vivencias e cultura. Para esta ocasión tan especial, contactouse telematicamente en directo cos veciños e veciñas de Lesneven, para que non perdesen ningún detalle da instalación desta homenaxe en forma de arte.

O deseño e a composición da obra foi produto dunha nova colaboración do artista multidisciplinar Xurxo Guitián e Deloga, grupo de sociólogos responsables da idea e da recompilación das fotografías deste traballo colectivo.

Quen non poida visitar fisicamente esta obra artística, pode acceder a través do enlace http://galizabreizh.estapaxina.es/ e visionar todas as fotos pasando o cursor por riba.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18497586250305