As Pontes entregou os premios as mellores cestas da Feira do Grelo

TerraChaXa
Contou con 16 produtores e cunha gran afluencia de público a pesar do frío e da chuvia
feira-do-grelo-de-as-pontes
3 Mar 2025

Na XLIV Feira do Grelo de As Pontes, Iván Ledo Filgueiras e Cynthia Arias Ramil proclamáronse gañadores do concurso de cestas, levando o primeiro premio de 400 euros. Os horticultores ponteses, que comercializan baixo a marca Bieiteiras, destacaron pola calidade dos seus grelos, segundo o xurado. O segundo posto foi para María Begoña Carballeira Pena, de Monfero, responsable de A Horta de Bego, que recibiu 300 euros, mentres que o terceiro lugar foi para Daniel Romeu Romero, tamén de As Pontes, premiado con 200 euros.

Ademais, concedéronse cinco accésits de 75 euros a María José Castro Prado (Vilalba), José Jorge Bouza Couto (Monfero), María Luz Vázquez Souto (Xermade), Raquel Pardo Corral (Xermade) e Lucía Souto Pico (Monfero). O premio especial Alexandre Pérez Sindín á cesta mellor adornada foi para María Victoria Buján Rivas, de Monfero, que levou 300 euros.

A feira, organizada polo Concello das Pontes, contou con 16 produtores e cunha gran afluencia de público a pesar do frío e da chuvia, que obrigou a reducir o percorrido dos pasarrúas. Os asistentes gozaron da gastronomía, con milleiros de filloas elaboradas pola Asociación de Veciños Beiras do Eume e as innovadoras propostas culinarias do chef Antonio Díaz, quen combinou os grelos con carnes autóctonas galegas.

⚙ Configurar cookies
0.75121307373047