As Pontes estrea un punto de renovación de DNI electrónico

O Concello das Pontes dispón, desde o martes, cun punto de Actualización de Documentación (PAD), unha iniciativa da Policía Nacional, posta en marcha noutros sete municipios da provincia da Coruña, coa que se busca facilitar á cidadanía a renovación dos certificados dixitais do DNI e a modificación das contrasinais
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso apunta que "na actualidade, para renovar o certificado dixital vinculado ao DNI e as chaves de acceso era preciso desprazarse ata Ferrol, Viveiro ou a Coruña. Aínda que o DNI se renova cada cinco ou dez anos, en función da idade da persoa titular, o certificado dixital asociado ao DNI debe renovarse cada dous anos, esta renovación agora poderá facerse de maneira rápida, segura, sen saír das Pontes, axilizando así trámites que antes esixían acudir a unha comisaría da Policía Nacional".
O PAD é un terminal provisto de pantalla táctil e teclado para renovar as claves do DNI de forma rápida. Para a renovación dos certificados electrónicos é necesaria a presenza física do titular do documento e a comprobación da identidade do mesmo a través da lectura da súa tarxeta do DNI electrónico e os persoais biométricas (impresións dactilares), capturadas durante no proceso de expedición do DNI, polo cal poderá desencadear de forma autónoma o procedemento de renovación dos seus certificados electrónicos ou realizar o cambio do contrasinal de acceso.
Tamén poden ser utilizadas por persoas con mobilidade reducida, tendo en conta que se pode variar a altura dos mesmos. O seu uso é totalmente gratuíto e non require de cita previa, permitindo o acceso a través da tarxeta do DNI electrónico (tarxeta física), e mediante un lector da pegada dactilar.