As Pontes estrea unha nova canle de whatsapp

TerraChaXa
O Concello de As Pontes habilitou hoxe un servizo de información municipal vía WhatsApp para comunicarse coa veciñanza.
lorena tenreiro as pontes whatsapp
31 Maio 2021

O Concello de As Pontes habilitou un servizo de información municipal vía WhatsApp. Así, a veciñanza disporá dunha nova canle de comunicación que lles permitirá estar informados de todo o que ocorre na súa vila a través do seu móbil e de xeito instantáneo.

Os interesados ou interesadas en recibir nos seus teléfonos intelixentes todo o que sucede nas Pontes, de forma instantánea, deben enviar a palabra ALTA ao número 617 701 200 e, a partir dese momento, comezarán a recibir as novas.

A través deste servizo o Concello comunicará tanto información de servizo, como diferentes novas da xestión municipal e tamén datas de eventos deportivos, culturais, etc ou información sobre as actividades promovidas desde as asociacións culturais, deportivas, sociais ou veciñais das Pontes.

Esta canle de comunicación tamén será empregada para difundir información de interese para a cidadanía (probas Celga, itv móbil, campaña doazón sangue, recollida de alimentos, entre outra)

A concelleira de Organización Interna e Medios Locais, Lorena Tenreiro,  explicou que “queremos que os nosos veciños e veciñas estean informados, en tempo real, de todo o que facemos, do que acontece no pobo e das posibilidades que teñen no seu Concello, non so no ámbito cultural, deportivo ou social senón tamén no ámbito formativo, educativo ou de conciliación laboral. Esta nova canle de comunicación facilita as cousas neste sentido”.

0.16409492492676