As Pontes executará as obras de mellora na avenida de Ortigueira

TerraChaXa
As Pontes, coa financiación da Deputación, executará a segunda fase das obras de mellora de pavimentos e servizos na Avenida de Ortigueira.
Avenida Ortigueira_segunda fase obras
7 Apr 2022

O Concello das Pontes, coa financiación da Deputación da Coruña, executará a segunda fase das obras de mellora de pavimentos e servizos na Avenida de Ortigueira.

O proxecto, con orzamento de 214.886 euros, ten como obxectivo prioritario continuar mellorando a accesibilidade da rúa, eliminando o desnivel existente entre a estrada e as beirarrúas así como mellorar os servizos de iluminación e saneamento, dándolle continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade levada a cabo polo Concello das Pontes no centro urbano.

Entre os traballos previstos inclúense a renovación da rede de saneamento, na súa marxe dereita, e a conexión coas saídas das vivendas e tamén está prevista a execución dunha rede separativa de pluviais, en ambas marxes, coa instalación dos sumidoiros e o recrecido dos pozos de rexistro.

Así mesmo, procederase á instalación de alumeado público, un traballo que inclúe a execución da canalización eléctrica, a colocación de cable eléctrico, a eliminación das farolas existentes e colocación de novas luminarias. Ademáis no paso peonil instalaranse faros LED para cada sentido de movemento e sinais luminosos de paso de peóns.

A pavimentación da berirarrúa realizarase mediante baldosa prefabricada de cor, executándose o bordo de conexión coa calzada mediante unha fila de adoquín prefabricado de formigón mentres que nos pasos de peóns disporase un pavimento diferenciado táctil seguindo a normativa de accesibilidade vixente.

Para realizar o afirmado da zona de rodadura, procederase ao fresado e demolición daquelas zonas onde as dimensións sexan limitadas e continuarase con aportación de formigón bituminoso con acabado impreso, tanto na zona de rodadura como na de estacionamento, protexido cunha capa a base de resinas.

Os traballos concluirán coa instalación de novo mobiliario urbano (papeleiras, xardineiras e bancos) e a reposición da sinalización en toda a rúa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17061495780945