As Pontes forma sobre marca persoal na contorna dixital
O departamento de Xuventude, en colaboración co departamento de Medios Locais pon en marcha un curso en liña sobre marca persoal na contorna dixital.
O curso estará dividido en dúas quendas. A primeira quenda comezará o día 10 de maio e está dirixido á mocidade pontesa con idades comprendidas entre os 23 e 32 anos, terá unha duración total de 50 horas e a formación impartirase os luns e os mércores, de 17:00 a 18:30 horas. A segunda queda desenvolverase a partir do mes de setembro e irá orientada cada á poboación moza de entre 14 e 22 anos.
Tania Pardo, responsable da área de Xuventude apunta que “o obxectivo desta formación é ofrecer unha alternativa de ocio saudable á mocidade que ao mesmo tempo lles permita aprender a xestionar de forma correcta ás redes sociais para crear unha marca persoal que lles permita desenvolverse e crecer persoal e profesionalmente, dándolles a oportunidade de atopar un traballo, mellorar profesionalmente, promocionarse dentro da empresa ou mesmo iniciar o camiño do emprendemento diferenciándose de forma atractiva e efectiva”.
Pola súa banda, Lorena Tenreiro, concelleira de Medio Locais, subliña que “ na actualidade o 80% das empresas empregan as redes sociais como fonte de información nos procesos de selección de persoal, de forma que facer un bo ou mal uso dos perfiles nas redes sociais pode marcar a diferencia entre as persoas candidatas a un determinado posto de traballo. Con este curso queremos darlle á xuventude pontesa ferramentas para crear unha boa marca persoal, ben traballada, e resultar elexida nestes procesos de selección”
Así neste curso aprenderanse as bases e claves da comunicación en redes sociais, afondarase na súa historia, ás persoas participantes aprenderán a desenvolver visión de análise e capacidade para evaluar a súa pegada dixital e adquirirán coñecementos sobre diferentes ferramentas que lles permitirán desenvolverse e crecer, persoal e profesionalmente.
Tamén afondaran no coñecemento da estrutura da estratexia dixital e de marca persoal para pode aplicada de forma individual para lograr crear unha boa marca persoal, confiable e segura.
Durante este curso tamén se abordarán cuestións como os bos e malos usos nas redes sociais e os perigos na rede: bullying, discriminación, conductas de género.
O número de prazas dispoñibles para esta quenda son 10 e as persoas interesadas poden incribirse, ata o día 7 de maio, no enderezo electrónico formacion@zaloalo.es facilitando o seu nome e apelido, a situación profesional na que se atopa (estudante, desempregado, traballando) así como as redes sociais nas que está. Tamén deberán facilitar un teléfono de contacto.