As Pontes, Friol e Vilalba retransmitirán a final da Eurocopa este domingo

TerraChaXa
Porán unha pantalla ao aire libre onde poderán reunirse os veciños
futbol-
13 Xul 2024

A veciñanza das Pontes, Friol e Vilalba poderá desfrutar do partido da final da Eurocopa en compañía, xa que os concellos organizan as respectivas retransmisións ao aire libre.

No caso das Pontes están pendentes da meteoroloxía para decidir o sitio no que os veciños se reunirán para animar á Selección.

O combinado vermello enfrontarase a Inglaterra o domingo, ás 21.oo horas na gran final, da que sairá o campión.

En Vilalba os veciños están citados na praza da Constitución e no caso de Friol será a praza Andón Cebreiro a que acolla a pantalla xigante.

0.072942972183228