As Pontes inaugura a súa pista de xeo

TerraChaXa
O Concello das Pontes inaugurará este venres, ás 18:30 horas, a pista de xeo, un dos principais atractivos do Nadal pontés, nun acto que estará amenizado pola música da Banda Escola Charamela.
21 Dec 2018

O Concello das Pontes inaugurará este venres, ás 18:30 horas, a pista de xeo, un dos principais atractivos do Nadal pontés, nun acto que estará amenizado pola música da Banda Escola Charamela.

A pista de xeo, situada no patio do Colexio Santa María, de xeo natural e cunha superficie de 200 metros cadrados, abrirá as súas portas o venres pola tarde e non pechará ata o 7 de xaneiro. O seu horario será de de luns a domingo, de 11:00 a 15:00 horas, en horario matinal, e de 16:00 a 21:00 horas polas tardes, excepto os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, cando só abrirá en horario de tarde.

Desde o Concello, Ana Pena, responsable da área, sinala que “con este espazo lúdico queremos converter ó noso pobo nun reclamo para atraer a visitantes de concellos limítrofes, fomentar o consumo no comercio local nunha época na que incrementan as ventas, ó tempo que lles ofrecemos ós nosos veciños e veciñas, unha alternativa de lecer no Nadal, unha actividade saudable para que os máis pequenos da casa gocen das vacacións e do pobo”.

A concelleira de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego tamén sinala que, ó igual que nos tres anos anteriores, o Concello de As Pontes repartirá entre todos os escolares do municipio entradas para a pista de xeo. “Somos o único concello galego que ten unha pista de xeo natural e que xestiona a entrada de balde entre a veciñanza; queremos que todos os nenos e nenas pontesas poidan gozar desta actividade e vivir a ilusión do Nadal”

0.17396187782288