As Pontes inicia este mércores una semana de actividades no Día das Bibliotecas
A biblioteca municipal das Pontes celebrará o Día das Bibliotecas, que ten lugar o 24 de outubro, cunha serie de actividades que se desenvolverán no propio edificio durante esta semana, agás un espectáculo de títeres, que será no Cine Alovi.
As actividades darán comezo este mércores, ás 20.00 horas coa presentación do libro de Maxi Castilla Entre algodones, botines y corazones. Será presentado por María Vila.
Maximiliano Castilla naceu en Montevideo, Uruguai. É futbolista e poeta, nesa orde. Debutou en Miramar Misións en 2013 club que defendeu ata 2016. Xogou en Villa Española, Platense, A Luz, Sant Jordi, Santa Josep e Penya Deportiva. O últimos tres equipos en terras ibicencas. Volveu a Uruguai para xogar en Villa Española. Aí entendeu cousas sobre o amor. Suou despois as camisetas de Cerrito e Sud América.
Publicou en 2022 o seu primeiro poemario titulado Entre algodóns botíns e corazóns. Actualmente é xogador do CD As Pontes. Tras a súa volta a España, publicou unha nova edición do seu libro que produce diariamente.
O xoves 19, á mesma hora haberá unha reunión do club de lectura con Antía Yáñez, autora da novela Non penses nun elefante Rosa. A reunión centrarase nesa novela coa participación da propia autora.
O venres 20 será a vez do espectáculo de títeres A galiña azul, de Tanxarina, que será ás 18.00 horas no Cine Alovi.
A Galiña Azul é un espectáculo de títeres e autores destinado a un público infantil e familiar, onde falarán da diversidade e de solidariedade.
"Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara que pon ovos de cores!! Non di cacaracá como as outras galiñas senon que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades!!".
O sábado 20 será o día grande con tres citas importantes. Por unha banda, ás 17.30 horas está prevista a actuación do Mago Teto co seu espectáculo Abracadabra!!!
O mago Tetosaca do seu sombreiro un show no que se mistura a narrativa de contos e xogos de maxia. A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto, vai acompañado dun xogo relacionado coa historia. Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.
Unha hora máis tarde celebrarse o recital do Grupo poético Alalá que este ano cumpre o seu 20 aniversario. Pecharán a sesión e a programación cun concerto de música folk, ás 19.00 horas de Nimbos.