As Pontes inicia hoxe a serie de charlas do programa Familias Coidadoras

TerraChaXa
Serán un total de 8, que se repartirán ata xuño e de setembro a decembro
obradoiro-familias-coidadoras-envellecemento
11 Apr 2025

O programa Familias Coidadoras do concello das Pontes bota a andar este venres, 11 de abril, desde as 16.30 ata as 18.30 horas, no local da AVV As Painceiras, en Ribadeume co obradoiro de Entendendo o envellecemento, que busca achegar ás familias ou persoas coidadoras a realidade do envellecemento, as posibles dificultades que xorden nesta etapa e como abordarlas.

O obxectivo do mesmo é aprender as diferenzas entre o envellecemento, o deterioro cognitivo e a demencia, referíndonos tamén á enfermidade de Alzheimer, unha das demencias máis frecuentes. Realizaranse dinámicas para comprender mellor as persoas maiores e resolver dúbidas sobre como afrontar diferentes situacións. O Obradoiro é gratuíto e vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas, aínda que no momento actual non sexan coidadoras.

O programa de familias coidadoras busca axudar ás persoas coidadoras a través da organización de charlas, obradoiros e asesoramentos relacionados cos coidados e autocoidados, e crear unha rede de apoio entre as persoas coidadoras da comarca. As formacións/ obradoiros realizaranse unha vez ao mes, cunha duración máxima de 2 horas. Todos os obradoiros estarán abertos a todas as persoas que estean interesadas, aínda que de momento non sexan coidadoras. Estas formacións realizaranse en cada un dos cinco concellos nos que desenvolve as súas actividades a Asociación Euroeume.

Os obxectivos que busca este programa comezan por formar e dar apoio as familias e persoas coidadoras a través de charlas formativas e asesoramento; acompañar as persoas coidadoras e familias para mellorar seu benestar; facilitar o acceso a programas formativos e de sensibilización que aposten polo benestar e a saúde e fomentar un estilo de coidados de boas prácticas e centrados na persoa.

Despois deste obradoiro, haberá outro en maio de Autocoidados para persoas coidadoras no eido do dano cerebral adquirido, impartido por profesionais da Asociación de Dano Cerebral Santiago. Tamén haberá outro de Xestión emocional e coidados, impartido por unha psicóloga.

Xuño será vez deRecursos e axudas existentes nos coidados, impartido por unha traballadora social e en setembro volverán con Xestión do estrés, impartido por unha psicóloga. Rematarán o ano con Primeiros auxilios, impartido por unha médica, en outubro; Mobilizacións seguras e prevención da dor articular, impartido por unha fisioterapeuta en novembro, e Prevención de caídas e produtos de apoio, impartido por unha terapeuta ocupacional

A actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, no marco das axudas para proxectos con fins sociais financiadas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

programa-familias-coidadoras
⚙ Configurar cookies
0.1639769077301