As Pontes inicia o 24 de febreiro a III Mostra de Teatro Amador

TerraChaXa
As Pontes acollerá, a partir do sábado, 24 de febreiro a III Mostra de Teatro Amador, unha iniciativa que aposta pola cultura local e que ten como obxectivos prioritarios apoiar ás pequenas compañías de teatro afeccionado, axudar ao sector amador e sobre todo promover o teatro de base.
teatro auditorio asentos
13 Feb 2024

As Pontes acollerá, a partir do sábado, 24 de febreiro a III Mostra de Teatro Amador, unha iniciativa que aposta pola cultura local e que ten como obxectivos prioritarios apoiar ás pequenas compañías de teatro afeccionado, axudar ao sector amador e sobre todo promover o teatro de base.

"Trátase dunha iniciativa coa que queremos dar continuidade ao traballo levado a cabo pola compañía local Quemaisten Teatro, promotora desta mostra, e fomentar a expresión artística teatral e seguir dando a oportunidade ás compañías amador de poñer toda a súa paixón no escenario, ofrecendo unhas obras de gran calidade que, temos o convencemento, sorprenderán ao público” sinala Lorena Tenreiro, concelleira de Cultura.

A mostra de teatro amador do Concello das Pontes desenvolverase durante os sábados dos meses de febreiro e marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi.

Arrincará o día 24 de febreiro coa obra o Paripé do cabaré, da compañía pontesa O Catre Teatro, a seguinte fin de semana será a queda para a compañía Muiñeiras do Vento, de Ferrol, coa peza Heroínas cotiás.

O sábado 9 de marzo chegará ás Pontes, a obra Agua de celos da compañía Ciollo e a mostra rematará coa obra Terapia de grupo, a cargo da compañía local, Quemaisten Teatro, o sábado 16 de marzo.

As entradas para todas ás representacións teatrais estarán á venda na plataforma dixital aspontes.sacatuentrada.com e na billeteira do Auditorio Municipal.

0.11195707321167