As Pontes inicia o IV Circuíto entre Escolas de Tenis e Touchtennis coa primeira proba

TerraChaXa
A iniciativa forma parte dun circuíto que implica a varios concellos galegos, como Vilalba, Foz e Miño
touchtenis-as-pontes
10 Apr 2026

O Concello das Pontes converterase no escenario da primeira proba do IV Circuíto entre Escolas de Tenis e Touchtennis, unha cita deportiva que reunirá a xogadores e xogadoras de diferentes idades nunha xornada dedicada á promoción do tenis base.

A competición desenvolverase nas instalacións das pistas de tenis Canle IV e no Pavillón de Deportes das Pontes, nun evento que busca fomentar a práctica deportiva entre a mocidade e consolidar o crecemento do tenis e do touchtennis no ámbito local e comarcal. Durante a mañá, os participantes competirán en distintas categorías, adaptadas ao seu nivel e idade, nun formato que combina aprendizaxe e competición.

A iniciativa forma parte dun circuíto que implica a varios concellos galegos, reforzando a colaboración institucional para impulsar o deporte de base e crear espazos de encontro entre escolas deportivas. Neste caso se trata de Vilalba, Foz e Miño. Ademais, esta proba supón unha oportunidade para visibilizar o traballo que se realiza nas escolas de tenis e seguir promovendo hábitos de vida saudables entre a poboación máis nova.

O evento conta coa implicación de diferentes entidades e administracións locais, que apostan por este tipo de actividades como ferramenta de dinamización social e deportiva. A organización destaca tamén o carácter inclusivo do circuíto, que permite a participación tanto de nenos e nenas que se inician na práctica do tenis como daqueles con maior experiencia.

0.11449599266052