As Pontes instala paneis informativos cos novos límites de velocidade

TerraChaXa
O Concello das Pontes ven de instalar paneis informativos en dúas das principais vías do casco urbano.
Moncho Alonso_ Paneles Informativos
20 May 2021

O Concello das Pontes,  co obxectivo  de contribuír á difusión e cumprimento dos  límites de velocidade nas vías urbanas establecido polo novo Regulamento Xeral de Circulación, que entrou en vigor o pasado 11 de maio, ven de instalar paneis informativos en dúas das principais vías do casco urbano.

Estes novos elemento de sinalización, localizados na Avenida de Galicia e na Avenida de Castelao lembrarán á veciñanza que a velocidade máxima permitida é de 30 quilómetros por hora en aquelas vías que dispoñan de un só carril por sentido de circulación

Por outra banda, en todas aquelas vías de plataforma única para calzada e beirarrúa, a velocidade máxima permitida será de 20 quilómetros hora (Avenida de Coruña, Avenida de Ferrol, Rúa Narón...) mentres que as vías que circunvalan a vila, (Avenida de Lugo, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, AC-861) a velocidade máxima será de 50 quilómetros hora.

A localización dos paneis informativos responde á importancia que teñen ambas vías, puntos de acceso á vila, cun importante volume de tráfico, estando previsto o traslado do panel asentado na Avenida de Castelao á Avenida de Ortigueira, na intersección coa Rúa Vilalba, unha vez rematadas as obras de mellora da accesibilidade da Avenida de Ortigueira, pola súa proximidade a un centro educativo e o parque municipal, zona de tránsito de menores.

Por outra banda, o Concello está levando a cabo a revisión de todo o viario municipal para realizar todos os axustes necesarios en materia de sinalización para proceder a retirada de todas as sinais de velocidade limitada a 50 quilómetros por hora que xa non son de aplicación e instalar as novas sinais cos límites de circulación vixentes.

0.16544008255005