As Pontes investirá 110.000 euros na mellora da rúa da Balsa

TerraChaXa
O Concello das Pontes investirá 109.
rua balsa as pontes_2
15 Abr 2024

O Concello das Pontes investirá 109.053 euros, procedentes da Deputación da Coruña, no proxecto básico e execución das obras de mellora de servizos e pavimentos na Rúa da Balsa.

Esta actuación ten como obxectivo mellorar a accesibilidade así como os servizos públicos de alumeado e saneamento no viario, no tramo comprendido entre a a Rúa Tras da Ponte e a Rúa Eume.

Así executarase unha nova pavimentación mediante formigón armado impreso e coloreado, resolvéndose o encontro coa calzada mediante a colocación de bordo de formigón.

Instalaranse novas canalizacións, tanto para o alumeado como para os servizos de telecomunicacións e novos báculos e luminarias en todo o percorrido da zona de actuación. Por outra banda, executaranse as instalacións de saneamento mediante redes separativas e as acometidas necesarias.

Os traballos rematarán coa instalación de mobiliario urbano e a execución e reposición da sinalización horizontal e vertical pertinente.

0.21107387542725