As Pontes investirá 165.000 euros na segunda fase das obras da avenida de Lugo
O Concello das Pontes investirá 165.341 euros, provenientes da Deputación da Coruña, na segunda fase das obras de mellora de servizos e pavimentos na Avenida de Lugo, entre os números 21 e 45.
A execución deste proxecto está deseñado para solucionar os problemas de accesibilidade salvando os desniveis entre a zona de tráfico rodado e peonil permitindo, ao mesmo tempo, a renovación da pavimentación da beirarrúa
O proxecto tamén inclúe a mellora do servizo de saneamento por medio da instalación dunha nova rede separativa de pluviais e fecais, realizando as acometidas necesarias para conectar as edificacións existentes así como a substitución e mellora do alumeado con novos báculos e luminarias con mellor eficiencia enerxética que garante a iluminación tanto para o tráfico peonil como o rodado.
A substitución de firmes e pavimentos tanto para o tráfico rodado mediante unha nova capa de aglomerado en quente como nas beirarrúas peonís mediante a execución de novo pavimento de plaquetas de formigón.
Os traballos rematarán coa instalación de mobiliario urbano e a reposición de sinalización horizontal e vertical pertinente así como a replantación das árbores existentes executando novos alcorques de pavimento.