As Pontes investirá na mellora do Camiño do Bidueiro

TerraChaXa
É un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 74.200 euros
concello-as-pontes
24 Mar 2025

O Concello das Pontes ten previsto continuar coa renovación do Camiño do Bidueiro (fase 3), ata o cruce que leva ao núcleo do Caxete, na parroquia do Freixo, un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 74.200 euros.

A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza e permitirá a reparación integral do viario

“Estes viarios teñen moita importancia para a comunicación entre os núcleos rurais da vila e aínda que durante os últimos anos estivéronse realizando traballos de mantemento pero estaban a sufrir importantes deterioras. Con estas obras seguimos coa nosa folla de ruta para mellorar as infraestruturas no ámbito rural e favorecer a calidade de vida dos nosos veciños” apuntan desde o goberno local.

A intervención proxectada consiste na rehabilitación superficial do firme mediante reparación puntual das fochas existentes e posterior recrecido con aglomerado asfáltico en toda a superficie de actuación. Así mesmo realizarase a limpeza e perfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme.

Rematarase a actuación coa sinalización horizontal mediante liña continua de cor branca en ámbalas dúas marxes.

⚙ Configurar cookies
0.14834213256836