As Pontes inviste máis de 156.000 euros na mellora de camiños rurais

TerraChaXa
O Concello das Pontes saca a licitación, por máis 156.166 euros, as obras de mellora de camiños municipais.
mapa as pontes caminos portada
10 Oct 2022

O Concello das Pontes saca a licitación, por máis 156.166 euros, as obras de mellora dos camiños municipais en O Ramallal, O Caxado, A Castiñeira, As Lamelas, Pazos e Serrón co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, para garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico e das persoas viandantes.

A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza, que sumadas ás actuacións xa levadas a cabo e as previstas acometer nos próximos meses, permitirán avanzar cara un municipio máis accesible, cómodo e seguro.

Os traballos, financiados a través do POS da Deputación da Coruña, permitirán a mellora e substitución da actual capa de rodadura por aglomerado e inclúen o varrido da superficie do viarios, a limpeza das marxe e cunetas así como o seu perfilado para asegurar a correcta drenaxe transversal e lonxitudinal do firme.

As intervencións proxectada inclúen tamén a rehabilitación do firme reparando das fochas existentes con aportación de grava e tratamento asfáltico semiprofundo e a execución de sobreanchos nas zonas necesarias. Os traballos rematarán co pintado das liñas de borde e a reposición da sinalización horizontal e vertical.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18167090415955