As Pontes inviste preto de 430.000 euros na mellora de camiños rurais
O Concello das Pontes inviste 428.408 euros na mellora dos camiños de O Ramallal, o Caxado e A Castiñeira, As Lamelas, Pazos e o Serrón, As Gañidoiras, O Vilar e os Cadavás-Paizaz, o Bidueiro e Vilarmaior así como camiños en Alvarón, Marraxón e Casas Hermas.
Os traballos, todos iniciados, financiads a través da Deputación da Coruña permitirá a rehabilitación das estradas co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial e garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico e viandantes.
Entre os traballos previsto inclúese o varrido da superficie do viarios, a limpeza das marxe e cunetas así como unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar a drenaxe dos camiños e co obxectivo de realizar de forma correcta os entroncamentos con outros viarios realizarase un fresado da vías.
Unha vez rematadas estas tarefas, realizarase un aporte de grava e tratamento asfáltico naquelas zonas nas que existan fochancas para, a continuación, proceder á renovación da capa de rodadura con aglomerado. As obras rematarán coa reposición da sinalización, tanto horizontal como vertical.