As Pontes lanza un proxecto cidadán para crear un almanaque histórico

TerraChaXa
As Pontes iniciará un proceso de participación que terá como obxectivo implicar á cidadanía na creación dun almanaque histórico.
almanaque participativo as pontes lorena
17 Mar 2021

O Concello de As Pontes iniciará un proceso de participación que terá como principal obxectivo implicar á cidadanía na creación colectiva dun almanaque histórico e participativo. Nas súas páxinas percorrerá efemérides e acontecementos para cada día do ano que serán achegadas polas e os veciños a través das diferentes vías de contacto abertas para tal fin. Tamén, o equipo técnico encargado do proxecto, desenvolverá un labor de investigación para recoller fontes documentais en busca de eventos relevantes.

A presentación pública será o día 25 de marzo ás 18:45 horas da tarde e desenvolverase de maneira telemática a través da plataforma Zoom. Neste evento virtual, Lorena Tenreiro, concelleira de Medios Locais, dará a coñecer os obxectivos do proxecto e a metodoloxía que se desenvolverá para facilitar a participación cidadá. Deste encontro poderán participar todas aquelas persoas, asociacións, e demais institucións que teñan interese en achegar información sobre acontecementos importantes para a vida comunitaria de As Pontes.

O almanaque incluirá o calendario de 2022 e entre os obxectivos principais do proxecto destácase a posta en valor da historia incrementando a visibilidade dos feitos locais máis relevantes. “Con esta iniciativa tamén queremos promover a divulgación de efemérides provenientes de campos tan diversos como o deporte, o medio ambiente, a música, as feiras e festas, fitos industriais, nacementos e decesos de personaxes históricas, visitantes ilustres, entre moitos outros temas que poidan espertar curiosidade. Entre as efemérides que as persoas e institucións poden achegar considéranse, por exemplo, logros deportivos, inauguracións de asociacións, feitos transcendentais para a vida comunitaria, eventos culturais entre moitas posibilidades” destaca Lorena Tenreiro.

Unha vez finalizada a participación cidadá e a investigación documental, publicarase o material que será distribuído cara a finais deste ano (2021) entre as familias do concello, así como tamén, será entregado como agasallo institucional de parte da administración local. Así mesmo, espérase que o almanaque histórico e participativo de As Pontes constitúa as bases dunha práctica innovadora que fomenta a revalorización da cultura, os costumes e a historia local, inaugurando unha metodoloxía de participación cidadá superadora do tradicional calendario que as administracións locais adoitan publicar cada ano.

Para obter maior información, os e as interesadas poden contactar co equipo coordinador do proxecto ao correo-e almanaqueaspontes@gmail.com, ou ben, ao teléfono 604 025 160.

almanaque participativo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19304919242859