As Pontes licita as obras de mellora en camiños rurais de Terbá e Pana do Curro

TerraChaXa
O Concello das Pontes ven de sacar a licitación as obras de mellora dos camiños rurais en Terbá e Pena do Curro, un proxecto cun orzamento de 55.
14 Mar 2024

O Concello das Pontes ven de sacar a licitación as obras de mellora dos camiños rurais en Terbá e Pena do Curro, un proxecto cun orzamento de 55.981 euros con cargo aos Fondos Agader.

Ámbalas dúas actuacións teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación destse camiños a través da rehabilitación dos mesmos para dotados dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural para aumentar a comodidade e seguridade que esixe este tipo de viarios.

Entre os traballos previstos inclúese o varrido de superficie e limpeza de marxes así como a limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada os viarios. Repararanse as fochancas e zonas afundidas existentes mediante a achega de pedra e unha rega asfáltico, saturado e compactado.

Así mesmo, as zonas lixeiramente deformadas regularizaranse mediante formigón bituminoso. Ademais, procederase ao fresado do firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

O afirmado realizarase mediante a extensión e compactación dunha nova capa de rodaxe formada por 5 centímetros de formigón bituminoso. As obras rematarán coa reposición da sinalización horizontal e vertical correspondente segundo a lexislación vixente.

0.057545900344849