As Pontes licita as obras de renovación da rúa Pardo Bazán
A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes aprobou, a semana pasada, o expediente de licitación da fase inicial das obras de mellora de servizos e pavimentos na Rúa Pardo Bazán, un proxecto cun investimento de 356.124 euros, procedentes da Deputación da Coruña.
As obras permitirá mellorar a accesibilidade da zona, cumprindo coa normativa vixente, ampliando o ancho das beirarrúas e eliminando os bordos, os desniveis e as ramplas para deixar a rúa á cota do viario, optando pola mesma solución estrutural e estética desenvolvida noutras zonas do casco urbano.
Entre os traballos previstos inclúese a renovación dos firmes e pavimentos, tanto para o tráfico rodado como peonil que serán substitutos por baldosas de formigón e por aglomerado bituminoso e crearase unha zona de aparcadoiro en batería, manténdose o aparcadoiro que actualmente da servizo ás instalacións deportivas da zona.
Tamén se executará un novo sistema de saneamento, a través da creación dun sistema separativo de aguas pluviais e fecais, realizando as acometidas oportunas con cada unha das edificacións existentes, mantendo, no casos que sexa posible, os colectores e os pozos existentes para conectalos coas novas redes. Asi mesmo, os traballos permitirán mellorar o alumeado existente, substituíndoo por un novo de maior eficiencia enerxética, coa instalación de novos báculos e luminaria led.
Por último, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza, crearase un espazo de lecer que incluirá un parque infantil, un parque biosaludable e un espazo de reunión. Os traballos rematarán coa plantación de especies arbóreas e a instalación de mobiliario urbano (bancos, xardineiras e papeleiras) e a sinalización horizontal e vertical do viario.