As Pontes licita obras de mellora en camiños de tres parroquias
O Concello das Pontes aprobou a semana pasada o expediente de licitación das obras de mellora nos camiños municipais en Porto de Frades, A Carballeira e o Cameleiro
Este proxecto, cun orzamento base de licitación de 85.255,39 euros , permitirá mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación destes viais que na actualidade presentan deficiencias estruturais.
Os traballos previstos permitirán a rehabilitación dos camiños de Porto de Frades, A Carballeira e o Cameleiro para dotalo dunha óptima calidade tanto superficial como estrutural, conseguindo así lograr a comodidade e seguridade que se esixe neste tipo de viarios
Realizaranse actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada o vial. Ademais repararanse as fochancas e zonas afundidas existentes mediante a achega de pedrae unha rega asfáltico e as zonas lixeiramente deformadas regularizaranse mediante aglomerado en frío.
O afirmado dos camiños municipais realizarase mediante a extensión dunha nova capa de rodadura de formigón bituminoso. As actuacións completaranse coa sinalización horizontal e vertical dos tres viarios.