As Pontes mellorará a accesibilidade dos edificios públicos

TerraChaXa
O Concello das Pontes mellorará, coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a accesibilidade do CEIP A Fraga, a Casa Dopeso e o Cine Alovi co fin de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social na vida.
cineaspontes
28 Xul 2018

O Concello das Pontes mellorará, coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a accesibilidade do CEIP A Fraga, a Casa Dopeso e o Cine Alovi co fin de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social na vida.

As actuacións previstas polo executivo local permitirán axeitar os tres edificios á normativa vixente en materia de accesiblidade e eliminación de barreiras arquitectónicas para garantir o acceso e uso ás persoas con discapacidade.

Desde o goberno local subliñan que “estas actuacións de mellora son imprescindibles para que persoas con mobilidade reducida poidan acceder con todas as garantías ós espazos públicos que, desde o Concello das Pontes, tratamos de manter nas mellores condicións para asegurar o acceso a toda a veciñanza”

No caso de CEIP A Fraga, o Concello das Pontes levará a cabo a reforma dos aseos situados na planta baixa do ala leste para crear un aseo adaptado nun espazo ocupado na actualidade por un vestiario en desuso. As obras permitirán crear un baño adaptado de 5.25 m2 e unha pequena zona de almacenaxe de 2.85 m2.

Tanto na Casa Dopeso como no Auditorio Municipal Cine Alovi os traballos de mellora da accesibilidade irán encamiñados á creación de prazas adaptadas no salón de actos e no patio de butacas, respectivamente.

Tras as obras, o salón de actos Casa Dopeso disporá de tres prazas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, con acceso frontal e unhas dimensións de 0,80m de ancho y 1,20m de fondo, con asento anexo para acompañante.

O número de prazas accesibles no Auditorio Municipal Alovi, seguindo a normativa vixente, serán catro e terán idénticas características ás que se instalarán na Casa Dopeso: acceso frontal, 0,80m de ancho por 1,20m de fondo e asento anexo para acompañantes.

 

0.19780802726746