As Pontes mellorará os camiños de Portodosouto, Cabeza dos Fornos e Alvarón

TerraChaXa
O obxectivo de completar a renovación do trazado
zona-de-actuacion
26 sep 2024

O Concello das Pontes ten previsto mellorar o pavimento nos camiños de Portosouto, Cabeza dos Fornos e Alvarón, un proxecto un orzamento de 78.558 euros, con cargo ao POS Adiccional 2024, da Deputación da Coruña.

Ás obras que se proxectan permitirán continuar coas intervencións xa levadas a cabo nos tres camiños, co obxectivo de completar a renovación do trazado.

Así levarase a cabo unha limpeza xeral de cunetas, e onde fose necesario o reafirmado de bordos, para volver o camiño ao seu estado primitivo, e con un ancho regular, acondicionamento de estes bordos con reforzo de aglomerado, rebacheo, limpeza e varrido da superficie, para seguidamente proceder a un rego de imprimación con emulsión asfáltica e executando unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

As obras rematarán coa limpeza das gabias e a reposición da sinalización horizontal coa marcaxe dos bordos e cebreado dos stops.

0.15773606300354