As Pontes organiza o vindeiro venres a presentación dun libro

O vindeiro venres 10 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Riveira Rouco, nas Pontes, recibirá a María Timiraos para a presentación do seu libro No me rompí del todo.
Trátase dunha historia real sobre depresión silenciosa, relacións que desgastan e reconstrución emocional.
Un relato íntimo que aborda a infancia, o bullying, as relacións daniñas, a maternidade e o proceso de sandar feridas emocionais cando a vida non foi sinxela.
A través da súa experiencia persoal, a autora pon palabras a vivencias que moitas mulleres sentiron en silencio. Este libro non busca culpables nin ofrece fórmulas máxicas para “superar” a depresión ou a tristeza. Fala desde a honestidade, sen adornos, sobre autoestima feminina, resiliencia e o proceso de deixar de calar para empezar a reconstruírse.