As Pontes organiza tres obradoiros de reciclaxe
A Concellería de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, en colaboración coa Asociación de Artistas Ponteses (ARTPO) organiza tres obradoiros de reciclaxe cos que quere amosar aos veciños a importancia do coidado do medio ambiente e crear conciencia sobre a necesidade de reducir refugallos, transformalos en recursos e darlles unha segunda vida para promover un Concello más sostible.
Durante as tres xornadas, seguindo a regra dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe)
os asistentes poderán dar renda solta a súa imaxinación e crear as súas propias obras de arte, figurativas e abstractas,empregando, unicamente, materiais de desfeito, tanto de orixe inorgánico como natural.
Ademais haberá un obradoiro dedicado á confección de adornos de Nadal no que maiores e pequenos aprenderán a reciclar, dun xeito sinxelo e moi divertido, libros, xornais vellos, cartóns ou latas.
Os obradoiros, de balde e dirixidos a adultos e menores, a partir de 6 anos, desenvolveranse na Aula da Reciclaxe "EcoEscola As Campeiras" os días 10 e 24 de novembro e o 10 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas.
As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información ou inscribirse chamando ó número de teléfono 673070147 ou enviando unha mensaxe a info@auladareciclaxe.es