As Pontes organiza un obradoiro de apoio emocional para superar a covid

TerraChaXa
O Concello das Pontes porá en marcha a partir do 5 de abril o taller de apoio emocional Superamos a covid-19 para toda a veciñanza.
taller apoio emocional superar a covid
24 Mar 2021

O Concello das Pontes porá en marcha a partir do 5 de abril o taller de apoio emocional Superamos a covid-19 co obxectivo de contribuír, mediante diferentes liñas de traballo, a paliar os efectos emocionais provocados pola pandemia na poboación, promover a adaptación persoal e social á nova situación e, por extensión, mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Tania Pardo, responsable da área de Benestar Social, indica que “ a través do programa “ Superamos a covid-19 ” inclúe diferentes accións, tales como o asesoramento individualizado, talleres de autocoidado,  ou autoestima, encamiñadas a mellora a saúde emocional das persoas mais vulnerables ás consecuencias negativas da pandemia, prestándolles distintos apoios e axudándolles a desenvolver a súa resiliencia e capacidade de adaptación e así mellora a súa contorna”

O programa inclúe actuacións de intervención individual directa coas persoas usuarias orientadas a apoiar o proceso de fortalecemento persoal e social das mesmas, introducindo procesos de reflexión, análise, activación, atendendo as situacións cotiás e singulares de cada una delas vive para, deste xeito, recoñecer os danos ocasionados pola pandemia.

Esta primeira toma de contacto, completarase con sete talleres, de dúas horas de duración,  para a mellora persoal e social entre os que destaca un obradoiro de coidado anímico e físico en tempos da covid-19 no que se analizará o impacto da pandemia na vida cotiá para potenciar estratexias de autocoidado para paliar o estrés e a ansiedade; un taller de manexo emocional no que as persoas usuarias aprenderan a identificar, distinguir e reconducir as emocións  co obxectivo de xestionalas de forma saudable.

Outro dos obradoiros tratará sobre o desenvolvemento da resiliencia e adaptación no que se afondará na situación e persoal e social de cada unha das persoas participantes e na súa propia percepción para tomar conciencia da nova realidade e das novas necesidades e dispor así de novas saídas mediante a adaptación ou reinvención.

No taller de autoestima en época de pandemia as persoas participantes no programa aprenderán a simplificar, relativizar, positivizar, ilusionar e modificar determinadas condutas, crenzas erróneas e pensamentos irracionais para ser máis optimistas mentres que no taller de respiración e estiramentos adquiriranse técnicas e exercicios de relaxación, adaptados ao perfil das persoas participantes, de cara a favorecer a concentración e eliminación da tensión muscular.

Finalmente no taller de xestión do tempo analizarse como se emprega o tempo cada día e se existe algunha área que se estea descoidando e que fose necesario recuperar para mudar a fatiga pandémica por tempo propio e no obradoiro de tensión familiares e sociais as persoas participantes poderán recoñecer a importancia da autonomía nas relacións interpersoais e empoderarse á hora de poñer límites ás esixencias doutras persoas.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro, para o que existen 12 prazas dispoñibles para deste xeito cumprir coas medidas sanitarias vixentes neste momento, poden anotarse ata o 31 de marzo no departamento de Benestar Social, cita previa no 627 77 91 29, en horario de 09:00 a 14:00 horas ou nese mesmo número de teléfono.

0.16936707496643