As Pontes organiza unha nova sesión do programa Espazo en Familia para abordar os micromachismos no fogar

TerraChaXa
A través desta proposta, o Concello busca ofrecer ferramentas para recoñecer condutas e actitudes cotiás
espazo-en-familia-as-pontes
21 Mar 2026

O Concello das Pontes promoverá este luns 23 de marzo unha nova actividade do programa Espazo en Familia, unha iniciativa dirixida a favorecer a reflexión e o diálogo arredor da convivencia e da educación en igualdade no ámbito doméstico. A sesión levará por título Pequenos xestos, grandes impactos e centrarase na análise dos micromachismos no entorno familiar e na maneira de identificalos no día a día.

O encontro celebrarase ás 18.00 horas no Soto da Casa Dopeso e está concibido como un espazo de participación para familias interesadas en afondar en cuestións relacionadas coa igualdade, os roles de xénero e a prevención da violencia.

A través desta proposta, o Concello busca ofrecer ferramentas para recoñecer condutas e actitudes cotiás que, aínda que ás veces pasan desapercibidas, contribúen a perpetuar desigualdades no seo das familias. A actividade enmárcase así nas accións de sensibilización e formación orientadas á promoción de relacións máis igualitarias e respectuosas.

As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais ou a través do código QR incluído no cartel informativo. Para obter máis información, o Concello facilita tamén o teléfono 606 706 088 e o correo electrónico espazoenfamilia@gmail.com.

0.1226761341095