As Pontes organiza unha xornada virtual sobre o programa Reindus
O Concello das Pontes, en colaboración co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, organiza unha xornada virtual sobre os instrumentos financeiros ca Administración Xeral do Estado pon a disposición do tecido empresarial para mellorar a competitividade industrial é contribuír á reindustrialización dos territorios.
A través desta iniciativa, que contará coa participación de técnicos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, o Concello busca ofrecerlles aos empresarios industriais das Pontes información sobre a convocatoria especial do ano 2020 do Programa Reindus, que contempla préstamos de ata 800.000 euros, destinada a proxectos de investimento industrial para a creación de establecementos industriais, melloras e/ou modificacións nas liñas de produción e para a implementación produtiva de tecnoloxías da “Industria Conectada 4.0”, tales como os sistemas intelixentes, sensores wearable, realidade virtual e impresión 3D ou robótica.
Ao final do encontro, as empresas participantes terán ocasión de manter reunións bilaterais para tratar as súas peticións e casos concretos con técnicos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na que se resolverán dúbidas e ofrecerase asesoramento individualizado.
Desde o Concello das Pontes, a responsable de Industria, Ana Pena, co obxectivo compartido de impulsar a industria local, convida a todas as empresas das Pontes a participar neste encontro que terá lugar, ou martes, 11 de agosto, ás 10.30 horas, a través de videoconferencia.
As empresas interesadas en participar neste encontro virtual gratuíto poden poñerse en contacto co IPPEC para obter máis información, en horario de mañá, de 8 a 14.30 horas.