As Pontes participa na rede solidaria do Fondo de Cooperación

TerraChaXa
Elena López, concelleira de Turismo nas Pontes participou na reunión anual da rede solidaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
fondo galego de cooperacion as pontes
2 Mar 2021

Elena López, concelleira de Turismo nas Pontes participou na reunión anual da rede solidaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Neste encontro, que se celebrou telematicamente debido á situación sanitaria, realizouse un balance das actividades levadas a cabo durante o ano 2020 na área de fortalecemento e acción institucional para captar novos socios así como na área Sensibilización e Comunicación, na que se traballou para formar, informar e sensibilizar sobre temas de solidariedade, dereitos humanos e obxectivos de desenvolvemento sostible aos concellos socios.

Tamén se fixo un repaso aos proxectos de cooperación apoiados no ano 2020 entre os que destacan o proxecto de emerxencia contra os impactos do coronavirus nos municipios mozambicanos ou o financiamento de equipamento informático

Elena López, durante a súa quenda de palabra, expuxo a experiencia da participación do Concello das Pontes no foro en liña Localizando a Axenda 2030 no que se analizou o papel dos municipios para facilitar a implementación dos ODS no eido local a través da participación dos diferentes actores do territorio.

Por outra banda, durante o encontro presentáronse ademais as actividades que se levarán a cabo durante do ano 2021, ano no que se prestará unha especial atención á captación de entidades socias, a á potenciación da alianza coa Fegamp e as actividades de sensibilización e comunicación mediante o apoio aos concellos na elaboración dos plans de implementación dos ODS a nivel local.

Enter as novas iniciativas que se poñerán en marcha destaca a adhesión ao Proxecto People & Planet, financiado pola Comisión Europea e non que participan 19 entidades de 9 países cuxo obxectivo é concienciar ás mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.

0.19301414489746