As Pontes participa no I Congreso Ibérico de Bandeira Azul en Augas Continentais

TerraChaXa
A concelleira de Turismo, Elena López, participou nunha mesa redonda no primeiro congreso ibérico de bandeira azul celebrado en Mérida.
as pontes congreso bandeiras azuis_portada
24 May 2022

A concelleira de Turismo, Elena López, participou onte nunha mesa redonda sobre a xestións dos concellos para a consecución do galardón medio ambiental no primeiro congreso ibérico de bandeira azul celebrado en Mérida, coorganizado pola Dirección Xeral de Turismo da Junta de Extremadura e a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), en colaboración coa Asociación Bandera Azul de Europa (ABAE-Portugal).

Elena López durante a súa intervención, quen compartiu mesa cos representantes municipais de Campanario (Badajoz)  Herrera del Duque (Badajoz), Ardales (Málaga) , San Martín de Valdeiglesias (Madrid) e a directora de Medio ambiente da Deputación Foral de Álava fixo un percorrido polos fitos históricos na creación e evolución do lago das Pontes ata a consecución da primeira bandeira azul para o areal do municipio.

A concelleira, a continuación, detívose na explicación das actividades levadas a cabo desde o Concello das Pontes no ámbito da educación ambiental e o desenvolvemento sostible no ámbito do Lago, requisito indispensable para obter a bandeira azul.

Así mesmo, Elena López fixo fincapé na importancia deste encontro que "non só nos permite dar a coñecer o traballo e a experiencia das Pontes na xestión e mantemento dunha praia interior con bandeira azul senón tamén coñecer outros exemplos, algúns con máis de 20 anos de traxectoria, dos que aprender"

I Congreso Ibérico de Bandeira Azul en Praias Continentais

As localidades pacenses de Mérida e Alange acolleron este luns e  martes o 'I Congreso Ibérico Bandeira Azul en Praias Continentais.

Este primeiro congreso tivo como obxectivo impulsar espazos de gran interese medioambiental e turístico sostibles e contou con destacados ponentes para abordar temáticas relacionadas coa calidade das aguas continentais, os criterios para a obtención da Bandeira Azul, entre outros e  todo o relativo a infraestructuras, accesibilidade, servizos, educación ambiental, seguridade. E socorrismo.

Durante os dous días houbo ponencias, debates, mesas redondas e unja visita á praia de Alange; ademais da entrega de bandeiras azuis en Extremadura para este ano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18615984916687