As Pontes pedirá dúas emendas aos orzamentos da Xunta

TerraChaXa
O pleno do Concello das Pontes aprobou, durante a celebración dunha sesión plenaria ordinaria, coa abstención do PP, unha moción conxunta, presentada por PSOE, BNG e Xuntas por As Pontes-En Común na que se solicita, a todos os grupos políticos con representación no parlamento autonómico, a inclusión de dúas emendas ao borrador dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia do ano 2020.
11 Nov 2019

O pleno do Concello das Pontes aprobou, durante a celebración dunha sesión plenaria ordinaria, coa abstención do PP, unha moción conxunta, presentada por PSOE, BNG e Xuntas por As Pontes-En Común na que se solicita, a todos os grupos políticos con representación no parlamento autonómico, a inclusión de dúas emendas ao borrador dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia do ano 2020.

Unha das emendas irá dirixida aos orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Xestur) solicitando a inclusión dunha partida orzamentaria destinada á creación de chan industrial no parque empresarial de Penapurreira e outra
á proposta orzamentaria da Consellería de Economía, Emprego e Industria reclamando a súa participación adicional e complementaria nun convenio de transición xusta para As Pontes.

A edil de Industria, Ana Pena, durante a exposición de motivos polas cales se elevou esta moción ao pleno destacou que desde o grupo de goberno “consideramos que, debido á situación de emerxencia industrial e á importancia de promover o desenvolvemento e diversificación empresarial no municipio é urxente que a administración autonómica, no exercicio das súas competencias, impulse economicamente e facilite o desenvolvemento de chan industrial para promover a implantación de novas actividades económicas así como o seu compromiso de participar activamente nun proceso de transición enerxética xusta que deber pasar pola xeración de novos proxectos e empregos”

Asemade, apuntou que a través da moción o que se busca e que a “Xunta de Galicia non permaneza impasible ante a situación que estamos vivindo en As Pontes e que poña en marcha a súas competencias no ámbito industrial para apoiar a promoción de chan industrial no noso municipio.

Trátase, en palabras da concelleira, dunha “solicitude que levamos anos planteando, tanto desde o equipo de goberno e desde a corporación municipal e que xa non só é unha necesidade senón que é unha urxencia, xa que se non somos quen de desenvolver chan industrial perderemos oportunidades de ter novas industrias en As Pontes”

0.17699289321899