As Pontes pide unha reunión para saber os proxectos que optan ao fondos europeos

TerraChaXa | LugoXa
O grupo de traballo local por unha transición enerxética xusta acordou, durante unha reunión mantida esta semana, solicitar á Xunta de Galicia unha reunión para coñecer os 108 proxectos cos que o goberno autonómico propón optar aos Fondos Europeos de Recuperación, creados para facer fronte á pandemia da covid-19 e que permitirá mobilizar unha inversion próxima aos 9.
5 Nov 2020

O grupo de traballo local por unha transición enerxética xusta acordou, durante unha reunión mantida esta semana, solicitar á Xunta de Galicia unha reunión para coñecer os 108 proxectos cos que o goberno autonómico propón optar aos Fondos Europeos de Recuperación, creados para facer fronte á pandemia da covid-19 e que permitirá mobilizar unha inversion próxima aos 9.500 millóns de euros.

Entre todos os proxectos, o Grupo de Traballo das Pontes, reclama coñecer máis polo miudo as 33 propostas, cunha inversión de 2.767 millóns de euros, dirixidas a promover a mobilidade sostible e a transición ecolóxica a través de proxectos que afondan no impulso das enerxías verdes, como o hidróxeno ou o biogás ou para a posta en marcha de proxectos de economía circular, bioeconomìa ou economía azul.

Desde o grupo de traballo apunta que “o Fondo de Recuperación ten que ser unha oportunidade para xerar novos proxectos, emprego e sobre todo, deben ser unha oportunidade para as comarcas que están vencelladas a centrales térmicas coma a das Pontes”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16562008857727